Ton-Dose by Martì + Hipercubos by Mateo Mena en Betún

Ton-Dose é un proxecto de Martí Guillem onde crea pequenos dispositivos sonoros dentro de latas de conserva. Os diferentes elementos productores de sonido son manipulados en tempo real creando un evento de carácter audiovisual cun carácter marcadamente poético.

Ton-Dose foi presentado noutros lugares

e encontros en Ensems Festival Música Contemporània de Valencia, MOOZAK Vienna, Retune 16 Festival Berlin, LoopSider Berlin, Wisp Festival Leipzig, etc...

Nado en Valencia en 1983, creativo heterodoxo, manipulador de aparellos sonoros, imaxes, accións, obxectos e formas, onde o frecuente transfórmase en inusual, en único. A improvisación, a experimentación e o d.i.y. (do it yourself) combínanse de maneira irreverente pero reflexiva en propostas maioritariamente efímeras. Caracterízase por unha linguaxe fresca e cambiante que reflexiona arredor dos hábitos sociais e da relación entre a creatividade e o cotián. Martí colaborou con numerosos artistas, performers e músicos como Avelino Saavedra, Michiyasu Furutani, Dario Fariello, Emilio Gordoa, Kazuchita Uchitashi, Samin Son, Wojtek Badja, Utku Tavil, Rieko Okuda, e un longuísimo etc. Os seus proxectos en solitario están enfocados á constante aprendizaxe e desenvolvemento. Durante os últimos anos Martí nterveu en máis de 200 ocasiones cos seus diferentes proxectos arredor de Europa en cidades como Viena, Roma,Oslo, Paris,Berlin, Stokolmo, Estanbul, Varsovia Praga, Madrid, Barcelona...

marti-net.blogspot.com
https://www.youtube.com/results?search_query=ton dose+musiques+experimentals

Mateo Mena (Santiago de Compostela, 1983) é músico e deseñador de instrumentos musicais electrónicos. Forma parte do colectivo independente galego “ Metamovida” así como do dúo audiovisual performativo “Nostoc”, compaxinando esta faceta creativa con diversos proxectos de divulgación científica como os diversos obradoiros que xiran ó redor da nosa forma de relacionarnos coa tecnoloxía musical analóxica, abordada desde a estética DIY. Con estes proxectos interveu en espazos de creación contemporánea como Tabakalera (San Sebastián), A Térmica (Málaga), CGAC (Santiago de Compostela), “ Musibéria” (Serpa, Portugal) ou a Fundación Cerezales (León), e participou en festivais como “ Curtocircuíto”, “ ImaxinaSons” (Vigo), “Escucha!” (Madrid), “ Tesla” (León), “Non Noise” (Porto, Portugal) ou “ WOS” (Santiago de Compostela) entre outros.

Os " Hipercubos" son pequenos módulos cúbicos que conforman un novo instrumento musical electrónico. Estes cubos están construídos con placas de metacrilato transparentes, as cales conteñen circuítos analóxicos no seu interior. O instrumento, deseñado en 2014, pode ser ordenado, descolocado e reconstruído a vontade durante os concertos en función do resultado sonoro que o músico desexe obter. Conectando os cubos entre si se altera este resultado sonoro, habendo módulos que xeran, controlan e modifican as ondas sonoras, os cales se poden combinar de diversas formas para traballar con sons electrónicos puros sen necesidade algunha de computadores.

https://vimeo.com/222432533

:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

Venres 16 de marzo ás 22:00 horas
Achega mínima para os artistas:
socios beta 4€ - betuneiros de balde.

:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

Recordade que Betún é unha asociación cultural autoxestionada e sen ánimo de lucro, todas as actividades son programadas e realizadas polos socios voluntarios. As portas están abertas á colaboración de cada un de vós!
Para poder participar das actividades da Asociación é necesario facerse socio.
Podes facerte socio nas nosas instalacións, (rúa Cuenca, 82) en horario de actividade, ou ponte en contacto con nós en acbetun@gmail.com
Se eras socio en anos pasados e queres continuar apoiando este proxecto, recorda renovar o teu carné de socio/a neste 2018: cunha achega de 2€ anuais os socios beta ou cunha achega de 5€ mesuais os betuneiros.
Os socios que non desexen gozar das actividades poderán facer uso do resto das instalacións da Asociación Cultural Betún durante o transcurso das mesmas.

▼ Mostrar Más Información

Cuenca, 82, 36700
Túy
16 Marzo , Viernes 22:00
Compartirlo

Más Eventos Cercanas

 29 Junio , Viernes
 MasQueTicket.com, Vigo
 20 Julio , Viernes
 MasQueTicket.com, Vigo
 20 Julio , Viernes
 Playa América, Nigrán, Pontevedra, Nigrán
 12 Julio , Jueves
 MasQueTicket.com, Vigo
 29 Junio , Viernes
 Mayeuswing, Vigo
 21 Julio , Sábado
 Vigo, Spain, Vigo
 21 Julio , Sábado
 Valença, Portugal, Valença
 14 Julio , Sábado
 Centro de Entrenamiento Personal DGO, Vigo
 28 Junio , Jueves
 Salceda, Spain, Salceda
 24 Junio , Domingo
 Vigo, Spain, Vigo
 05 Julio , Jueves
 Portamerica Festival, Nigrán