The Posies - As Matinés do Principal (Pontevedra)

The Posies cumpren 30 años e o celebran subíndose aos escenarios coa mesma formación do período 1992-1994, que gravou o mítico "Frosting On The Beater". Con este formato de luxo chegarán o 6 de outubro ás 'Matinés do Principal', en horario matinal e dentro dunha programación dirixida a todos os públicos.



O grupo comandado por Ken Stringfellow e Jon Auer é unha das máis populares formacións de power pop nacidas co amencer dos anos noventa (eles, concretamente en Seattle e un pouco antes, pues sacaron o seu primeiro disco, Failure, en 1988), un cetro no que comparten honras con nomes como Matthew Sweet e Teenage Fanclub. Con estes últimos, a rivalidade foi tan dura coma sana, de maneira que se pode falar de admiración compartida: tanta que cando en 2010 participaron no ciclo We Used To Party -organizado por Houston Party-, o disco que elixiron para versionar foi A Catholic Education, o debut dos escoceses.

Por máis que pasen os anos, Stringfellow e Auer seguen a ser un referente de melodías infecciosas, que eles crean con pasmosa facilidade e cun acento tan accesible e atemporal que se imaxina prestado por Alex Chilton. Unha maridaxe neo-revivalista da suma “invasión británica + grunge” que anunciou a aparición do rock alternativo noventeiro. Ou, dito de outra maneira, unha despeiteada, sexy e alternativa mestura de pop redondo e guitarras ruidosas. Entre os seus álbumes, os icónicos Frosting On The Beater (1993) e Amazing Disgrace (1996) lévanse a palma. Este 2018, para conmemorar o 30º aniversario da banda, reeditan ambos traballos, ademais da súa segunda obra, Dear 23 (1990), tanto en formato de dobre CD como de LP de vinilo, acompañados de numerosos bonus tracks que nunca antes viran a luz. En canto á súa produción máis recente de estudio, en 2016 voltaron á carga co disco Solid States, o primeiro que publicaban desde Blood/Candy (2010).

▼ Mostrar Más Información


Pontevedra
06 Octubre , Sábado 12:30
Compartirlo

Más Eventos Cercanas

 16 Diciembre , Domingo
 Salason Cangas, Cangas