Martí Guillem e Mateo Mena

Martí Guillem nace en Valencia, creativo heterodoxo, manipulador de aparellos sonoros, imaxes, accións, obxectos e formas, onde o frecuente se transforma en inusual, en único. A improvisación, a experimentación e o D.I.Y. (do it yourself) combínanse de maneira irreverente pero reflexiva en propostas

maioritariamente efémeras. Caracterízase por unha linguaxe fresca e cambiante que reflexiona ao redor dos hábitos sociais e da relación entre a creatividade e o cotián.

TON-DOSE é un proxecto de Martí Guillem onde crea pequenos dispositivos sonoros dentro de latas de conserva.
Os diferentes elementos produtores de son son manipulados en tempo real creando un evento de caracter audiovisual cun carácter marcadamente poético.

Ton-Dose foi presentado entre outros lugares e encontros en Ensems Festival Música Contemporània de Valencia, MOOZAK Vienna, Retune 16 Festival Berlin, LoopSider Berlin, Wisp Festival Leipzig, entre moitos outros lugares.

https://www.youtube.com/watch?v=Y0vBI8JaG-4&feature=youtu.be
https://www.youtube.com/watch?v=eqttldzFaqA

Mateo Mena é artista sonoro e deseñador de instrumentos musicais electrónicos, pertencente ao colectivo Metamovida. O seu traballo está centrado no desenvolvemento de novos instrumentos analóxicos e na súa posterior utilización musical, ben a solo ou como integrante de agrupacións como o dúo audiovisual performativo Nostoc ou a propia Orquesta Metamovida. Participou en festivais como Imaxinasons (Vigo, 2015), LAV'17 (Vedra) ou Sons Creativos (Lugo, 2017) e en espazos de creación como Tabakalera (San Sebastián), CGAC (Santiago de Compostela), MUSAC (León) ou La Térmica (Málaga).

Os hipercubos son pequenos módulos cúbicos que conforman un novo instrumento musical electrónico. Estes cubos están construídos con placas de metacrilato transparentes, as cales conteñen circuítos analóxicos no seu interior. O instrumento, deseñado en 2014, pode ser construído, descolocado e reconstruído a vontade durante os concertos en función do resultado sonoro que o músico desexe obter. Conectando os cubos entre si se altera o resultado sonoro, habendo módulos que xeran, controlan e modifican as ondas sonoras, os cales se poden combinar de diversas formas para traballar con sons electrónicos puros sen necesidade algunha de computadores.

https://vimeo.com/222432533

Entrada: 5€

▼ Mostrar Más Información

Pazos Fontenla, 59, 36930
Bueu
18 Abril , Miércoles 21:00
Compartirlo

Más Eventos Cercanas

 29 Junio , Viernes
 MasQueTicket.com, Vigo
 28 Junio , Jueves
 Prestoso Fest, Gedrez, Asturias, Spain
 20 Julio , Viernes
 MasQueTicket.com, Vigo
 20 Julio , Viernes
 Playa América, Nigrán, Pontevedra, Nigrán
 23 Junio , Sábado
 MasQueTicket.com, Vigo
 22 Junio , Viernes
 Ilhas Cíes,
 12 Julio , Jueves
 MasQueTicket.com, Vigo
 29 Junio , Viernes
 Mayeuswing, Vigo
 30 Junio , Sábado
 Salason Cangas, Cangas
 14 Julio , Sábado
 Centro de Entrenamiento Personal DGO, Vigo
 01 Julio , Domingo
 Salason Cangas, Cangas
 06 Julio , Viernes
 Salason Cangas, Cangas
 05 Julio , Jueves
 Pontevedra, Spain, Pontevedra
 22 Junio , Viernes
 Esmerarte Industrias Creativas, Vigo
 24 Junio , Domingo
 Vigo, Spain, Vigo
 05 Julio , Jueves
 Portamerica Festival, Nigrán
 24 Junio , Domingo
 Pontevedra Autónoma, Tirán
 23 Junio , Sábado
 Bambera, música y aprendizajes activos, Vigo
 23 Junio , Sábado
 Pontevedra Autónoma, Tirán