Cancelado: Sierra + Estrambote no Liceo Mutante

CANCELADO!!
Por motivos persoais e alleos ó Liceo, cancélase o concerto de Sierra e Estrambote do vindeiro venres 16. Aínda que nos apena moito, a intención de tódalas partes é adialo para algún día dos vindeiros meses.

Sierra é un dos nomes propios do panorama pop estatal do momento. Formado por un

grupo de músicos excepcional -curtidos en bandas como Margarita, Charades, El Día Después, Mundo Grúa, Prisma en Llamas ou Juventud Juché-, facturan un pop (repetireino cantas veces faga falla) de aires oitenteiros non exentos de escuridade que recordan a The Cure, New Order ou Parálisis Permanente. Hai algo de melancolía, pero desa que de vez en cando moila bailar alegremente. Veñen co seu último LP, A Ninguna Parte, ben fresquiño.

https://sonidomuchacho.bandcamp.com/album/sm-039-a-ninguna-parte
https://www.youtube.com/watch?v=lQkF8yP1eaA
https://www.youtube.com/watch?v=S7p6_Us6Sek

Estrambote son xa por dereito propio uns clásicos da escea galega. Posiblemente non sexa nin necesario explicalo, pero na súa música hai un pouco da tradición lo-fi, de rock n' roll, de new wave, de Modern Lovers, de Television Personalities, de Rogerio Vagner.

https://estrambote.bandcamp.com/
https://www.youtube.com/watch?v=wwZKBjGM5as

O donativo para os grupos é a vontade entre 5 e 8€.

▼ Mostrar Más Información

c/ Rosalía de Castro nº 100, 36002
Pontevedra
16 Marzo , Viernes 20:30
Compartirlo

Más Eventos Cercanas