Berlai

Berlai é música e ilustración. Berlai é un collage de cancións, deseños, poemas, secuencias, onde cada un funciona libre dentro da unidade: pezas independentes que cobran un sentido novo ao facerse partesdo todo.

No concerto podes desfrutar da música de Berlai, e da narrativa ilustrada en directo. Unha

travesía por unha historia emotiva e real: 'A historia de um homem desconhecido, de um homem solitário, que preferiu viver a sua vida como se fosse um sonho'.

Unha historia que combina de maneira consciente unha mestura explosiva de realismo suxo, cru e obsceno co lirismo máis refinado. Onde o romantismo e a historia de amor non conseguen escapar do sexo, da loucura e do desespero.

CRÍTICAS feitas sobre Berlai e sobre o libro-cd (cd-bd) 'Desconhecido'.

"Sen dúbida, un dos mellores discos do que levamos de década no país."
(Manuel Vilas. Galicia Confidencial)
http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/43388-reivindicacion-rural-dineiro-veces-necesario

"Un dos discos galegos máis interesantes e novedosos do 2016!"
(Lavesedo. Gzmúsica)http://www.gzmusica.com/novas/discos/928-contrastes-rururbanos-na-estrea-de-berlai.html

"A primeira vez que topei con este proxecto quedei conxelada. Pola valentía, polo bo gusto, polo concepto, pola delicadeza, pola experiencia de Xiao, pola súa profundidade como artista.""En Desconhecido hai elegancia, hai coidado nos arranxos, hai capas que destapar en cada escoita, hai saber facer. É tan profundo, cheo de imaxes retóricas, sonoras, visuais..."
(Oga Brañas – Sermos Galiza. 29 de decembro 2017)
http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/desconecido-de-berlai/20171229114325064710.html

"O debut do proxecto de Xiao Berlai (profesor de música e guitarrista de Fía na Roca) é dos que non pasan desapercibidos."

"Un disco moi meritorio, valente, con momentos ben aproveitabeis, ora por duros ora por fermosos, sempre desde a sensibilidade e o romanticismo no sentido orixinario.""Parabéns por un traballo dignísimo."

(Pepe Cunha. Ábrete de Orellas)
http://abretedeorellas.com/detallenoticias.asp?cod=7225

[Entrada: 6€ con consumición mínima]

▼ Mostrar Más Información

Pazos Fontenla, 59, 36930
Bueu
08 Abril , Domingo 20:30
Compartirlo

Más Eventos Cercanas

 06 Octubre , Sábado
 Auditorio Mar de Vigo, Vigo
 21 Octubre , Domingo
 Pontevedra, Spain, Pontevedra
 11 Octubre , Jueves
 Salason Cangas, Cangas
 05 Octubre , Viernes
 Salason Cangas, Cangas
 06 Octubre , Sábado
 Auditorio Mar de Vigo, Vigo
 29 Septiembre , Sábado
 Salason Cangas, Cangas
 13 Octubre , Sábado
 Salason Cangas, Cangas
 06 Octubre , Sábado
 Teatro Principal De Pontevedra, Pontevedra
 06 Octubre , Sábado
 Caledonia Yoga, Vigo